Fieles ao noso compromiso de compensación das emisións de CO2 xeradas ao longo do proceso productivo, o vindeiro sábado 12 de febreiro, e grazas a inestimable colaboración da Comunidade de Montes de Lantaño e ao Distrito XIX da Consellería do Medio Rural, faremos unha plantación de frondosas de diferentes especies no Outeiro Grande para compensar as emisións de alcance 1 levadas a cabo o pasado ano no que lanzamos a nosa primeira colección «Illas Atlánticas«.

Eiquí tendes toda a información ao respecto:

Loba e oso: compensación da pegada de carbono 2021
0
    0
    Carrito
    Carrito vacíoVolver a la tienda