Fieis ao noso compromiso co planeta, o pasado sábado 18 de marzo realizamos a nosa habitual plantación de especies autóctonas para compensar as emisións de CO2 xeradas por Loba e Oso durante pasado exercicio 2022.

Desta vez, o lugar elixido foron os montes de Romai, a carón mesmo do Outeiro Grande de Lantaño, lugar no que hai aproximadamente un ano facíamos a nosa primeira plantación de frondosas.

Érbedo, abeleira e freixo foron as especies que eliximos este ano, especies que sen lugar a dúbidas contribuirán a engandecer a biodiversidade deste fermoso lugar, provindo ademáis de alimento a moitas das especies de aves, mamíferos ou insectos que habitan nel.

A climatoloxía foi moi cambiante ao longo de toda a xornada, deste xeito, pasamos polos momentos de fortes choivas das primeiras horas da mañá, ata os agradables momentos de sol cos que nos obsequiaron os ceos a medida que foron avanzando as horas, e que inclusive, obrigáronnos a despoxarnos das nosas roupas de abrigo.

Por certo, ao igual que na pasada edición, compartimos data e lugar coa gran plantación que ano tras ano organiza o festival de Portamérica para compensar as emisións xeradas durante o festival, un evento musical e gastronómico fortemente comprometido coa sotibilidade que desde hai dous anos vense celebrando na azucreira de Portas, 100% recomendable!!

Esta é a primeira das accións ambientais programadas para este ano, pero non será a única, permanecede atent@s!

Próximo destino… Ponte Caldelas!

0
    0
    Carrito
    Carrito vacíoVolver a la tienda