Comunidade Upcycling

En Loba e oso pensamos que é responsabilidade de tod@s coidar a nosa casa común, o planeta. Tod@s e cada unha ou un de nós podemos, desde as nosas posibilidades, realizar unha serie de accións que contribúan a conservación do mesmo.

Neste sentido, o sector industrial ou artesanal que elabora produtos con algún compoñente téxtil xera unha gran cantidade de excedentes que unha vez rematada a produción poden converterse en residuos, son os coñecidos como restos de produción téxtil.

Co fin de darlle unha segunda oportunidade a todos estes materiais, desde Loba e Oso puxemos en marcha esta iniciativa de suprarreciclaxe aberta á participación de todas aquelas firmas que coincidan ou compartan a nosa filosofía neste eido, para empregar estes restos de produción téxtil como materias primas para as nosas creacións.

Así, se estás lendo estas liñas, e formas parte dunha empresa responsable que xere este tipo de restos de produción, invitámosche a participar da Comunidade Upcycling, un lugar no cal, aportando os teus excedentes de produción téxtil poderás:

  • Reducir a xeración de lixo, e consecuentemente…
  • Reducir as emisións de GEI

En Loba e Oso, ademais de compensar a pegada de carbono asociada a fabricación artesanal de todos os nosos produtos, destinamos unha parte dos beneficios obtidos ao longo do ano a realizar unha serie de accións de conservación da biodiversidade as que por suposto, estás invitado a participar!

Non esperes máis, anímate a participar da nosa Comunidade Upcycling!

Máis información sobre a comunidade?

Xa forman parte da Comunidade Upcycling…

Orka Velas S.L.

Máis de vinte anos son xa os que desde a firma viguesa Orka levan fabricando velas, lonas e toldos para embarcacións deportivas fundamentalmente, produtos de gran resistencia e durábeis preparados para aguantar as máis duras condicións da intemperie.

Seguro que queres coñecelos máis en profundidade: https://www.orkavelas.com/

Miolos Design

Deseño e artesanía con raíces atlánticas danse a man en Miololos Design, onde a nosa terra, as súas tradicións e a súa natureza son as fontes básicas de inspiración. Cose seus deseños minimalistas a base de tecidos vexetais, madeira e pel de curtición vexetal principalmente.

Aquí podes indagar un chisco máis no seu traballo: https://www.miolosdesign.com/

Lirón Descanso S.L.

Expert@s no sector del descanso, esta firma galega con sede en Pontevedra, colabora con Loba e Oso dentro da Comunidade Upcycling aportando restos de produción dos diferentes materiais (telas, escumas, etc.) cos que fabrican os seus máis que confortables colchóns.

Se queres afondar máis no súa filosofía e nos seus produtos: https://www.grupoliron.com/

Xiro Atlantic Denim

Xiro Atlantic Denim é unha firma moañesa grandemente comprometida co medio ambiente que fabrica a poucos quilómetros de Compostela cómodas prendas vaqueiras ecolóxicas e sostibles nas que o algodón orgánico de cultivo ecolóxico preséntase como materia prima esencial.

Se queres vestir con Xiro ou saber un pouco máis sobre o que fan preme na seguinte ligazón:  https://xiroeco.com/

0
    0
    Carrito
    Carrito vacíoVolver a la tienda