Características
- Peso: 510 gr.
- Dimensións: 40 x 40 cm.
- Peto interior
- Peto lateral traseiro
- Correa/Asa axustable de algodón…
- Acolchado interno
- Asas acolchadas
- Peche con mosquetón
- Fornituras de níquel de cor ouro vello
- Tecido principal acrílico (Certificado Standard 100 by OEKO-TEX®) tinguido en masa.
- Forro 100% algodón (Certificado Standard 100 by OEKO-TEX®) estampado con tinta ecolóxica respectuosa co medio ambiente, de base de auga.
- Etiqueta de coiro artesá de curtido vexetal
- Deseño e ilustracións de profesionais galegas
Upcycling
- As telas acrílicas empregadas como tecido principal son restos de produción de lonas náuticas.
- O coiro empregado na fabricación das etiquetas procede de restos de produción de artesanía local.
- O acolchado empregado para as asas e recheo da mochila procede de restos de produción de produtos de descanso.
Condicións de lavado
Eliminar a sucidade a man mediante cepillado ou aspirado suave e/ou empregando xabón neutro disolúbel en auga a unha temperatura máxima de 30ºC.
Sobre o tecido
O tecido principal que empregamos para a confección deste complemento é impermeable e posúe un recubrimento especial que axuda a repeler a auga á vez que retarda la adherencia da sucidade. É por elo que, durante a produción do artigo, e por mor da manipulación e dobramentos ós que é preciso someter o tecido durante o proceso de suprarreciclaxe, acostuman a aparecer unha serie de marcas ós poucos que co uso diario tenden a desaparecer lixeiramente.
Produción de proximidade
Concibido, deseñado e feito a man en Pontevedra, Galicia (España).
Exclusividade
Por mor da suprarreciclaxe, e condicionados pola disposición dos diferentes tecidos, os nosos deseños contan cun número moi limitado de unidades.
Compromiso ambiental
- Compensamos as emisións de CO2 asociadas á fabricación de todos e cada un dos nos nosos produtos.
- Unha parte do prezo vai destinada a proxectos de conservación da biodiversidade de Galicia.