Sobre nós

Desde o mundo da sustentabilidade, as finanzas e a comunicación, no ano 2020 Saleta, Melissa e José decidimos xuntar as nosas forzas, ideas, ilusión e coñecementos para dar lugar ao que hoxe en día é Loba e Oso, unha iniciativa que, baseándose  primordialmente na  suprarreciclaxe, pretende crear novos produtos a partir de materias primas preexistentes, principalmente restos de produción téxtil doutras firmas que, no canto de converterse en residuos, continúan deste xeito a súa vida útil dentro do ciclo produtivo para dar lugar a novos artigos cun marcado carácter identitario, sostible e responsable.

Cales son os nosos valores?

Apostamos polo local, pola economía circular e polos valores do ecodeseño, traballamos cara á creación de produtos climáticamente neutros, eficientes no uso dos recursos e circulares.

Comprometémonos coa redución de residuos grazas á nosa política de reutilización, tanto de excedentes ou restos de produción da nosa rede de colaboradores da Comunidade Upcycling, como doutro tipo de materiais ou produtos que completaron o ciclo de vida para o cal foron inicialmente concibidos dándolles unha segunda vida.

Ademais da exclusividade (realizamos como máximo 10 unidades de cada modelo), outro dos nosos acenos de identidade é a produción local, por iso traballamos con deseñadoras, ilustradoras e costureiras locais que elaboran a man os nosos produtos cun prezo xusto.

Máis que roupa e complementos

Todo este esforzo culmina na posta no mercado de produtos climáticamente neutros, xa que calculamos o consumo de enerxía asociado aos combustibles fósiles necesario para a creación dos mesmos, transformámolo en emisións de CO2 e traducímolo en árbores. Despois de todo iso plantamos especies autóctonas para compensar a nosa pegada de carbono e obter un produto de emisión 0.

A través de Loba e Oso, queremos ademais poñer en valor a biodiversidade de Galicia, tanto a través de accións de comunicación como por medio dos nosos deseños e estampados, sempre orixinais de ilustradorxs locais.

Ademais, comprometémonos a reinvestir un 5% dos beneficios en accións directas a favor da conservación da biodiversidade en Galicia, facéndovos partícipes das mesmas e manténdovos informadxs a través da nosa canle web e dos nosos perfís en Redes Sociais.

¿Mais información sobre Loba e Oso?

0
    0
    Carrito
    Carrito vacíoVolver a la tienda